Saturday 18 de May de 2024

Inés Rey subliña o seu compromiso de impulsar políticas inclusivas durante o seu mandato


 

A alcaldesa reafirmou o seu compromiso coa accesibilidade universal na cidade durante a súa visita ás ás IV Xornadas Solidarias de Deporte Inclusivo organizadas polo Club Torre S.D.

Durante á visita ao campus do Torre SD, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reafirmou o seu compromiso de impulsar políticas inclusivas e extensibles a todos os ámbitos sociais durante o seu mandato. “Este campamento que organiza o Torre, no seu 90 aniversario, é un exemplo para todos nós xa que pon en valor o deporte adaptado para integrar a todas as persoas con diversidade funcional”.

Rey lembrou a intención do goberno local de eliminar as barreiras arquitectónicas na cidade e favorecer, deste xeito, a mobilidade das persoas con discapacidade.

Durante o percorrido polos campos da Torre, Inés Rey agradeceu o traballo do tecido social e deportivo para facer unha cidade máis aberta, plural e igualitaria. Ademáis, garantizou unha estrita colaboración do Concello coas entidades sociais veciñais e deportivas para chegar a quen máis o necesite.

Na visita, Inés Rey estivo acompañada de Antonio Dubra, presidente do club Torre S.D., organizador deste campus que se desenvolve durante dúas semanas, e no que participan máis de cen persoas e unha ampla rede de voluntarios. Promover a inclusión de persoas con discapacidade á práctica do deporte son obxectivos deste campus que se celebra na Torre na súa cuarta edición consecutiva”, apuntou Dubra.